As Pontes de García Rodríguez
🍂🍄 O outono sabe mellor en As Pontes! Chega a XXXVI Feira de Fungos e Cogomelos 🌰🎃 Este 1 de novembro, convidámoste...
Fecha de publicación: 27/10/2026
🍂🍄 O outono sabe mellor en As Pontes! Chega a XXXVI Feira de Fungos e Cogomelos 🌰🎃
Este 1 de novembro, convidámoste a gozar dunha proposta gastronómica moi especial, na que os sabores máis auténticos do outono serán os protagonistas: cogomelos, castañas e produtos da nosa terra. 🍄🍁
E para darlle sabor a esta cita, contaremos co talento de MiguelMosteiro, cociñeiro de Gastrolab Arousa , que será o encargado de elaborar un menú pensado para gozar, compartir e celebrar a gastronomía galega.
👨🍳 Un cociñeiro que tamén coñecemos da televisión! Miguel é unha cara coñecida da TVG, onde participou en programas gastronómicos como Estache bo!, achegando a cociña aos fogares e poñendo en valor a calidade dos produtos galegos. Á fronte de Gastrolab Arousa, combina tradición, creatividade e compromiso co produto de proximidade.
🍽️ Que imos degustar?
🥟 Para comezar: empanada de cogomelos e mexillóns.
🍲 Pratos principais:
• Albóndegas de porco Duroc con castañas e cogomelos.
• Callos con garavanzos e cogomelos.
🍯 De sobremesa: requeixo do Eume con mel de Goente.
🥖 Para acompañar: pan artesanal, viños brancos e tintos, auga, cervexa e refrescos.
📅 1 de novembro
🕐 De 13:00 a 15:30 h
📍 Patio do Colexio Santa María, As Pontes
💶 Prezo: 25 €
🛍️ O menú tamén estará dispoñible para levar!
Unha oportunidade perfecta para sentar á mesa, descubrir os sabores da tempada e celebrar a nosa gastronomía da man dun cociñeiro que aposta polo produto galego.
❤️ Agardámoste na XXXVI Feira de Fungos e Cogomelos de As Pontes!
#AsPontes #FeiraDeFungosECogomelos #MiguelMosteiro #GastrolabArousa #GastronomíaGalega #CociñaGalega #Cogomelos #SaboresDeOutono Turismo As Pontes