Cerdedo-Cotobade
O CASTELO DO EIRADO, EN SAN XURXO, ACOLLE ESTE SÁBADO O RASTREXO DE CABAZAS DE SAMAÍN Este sábado 31 de outubro, ás 20.0...
Fecha de publicación: 27/10/2026
O CASTELO DO EIRADO, EN SAN XURXO, ACOLLE ESTE SÁBADO O RASTREXO DE CABAZAS DE SAMAÍN
Este sábado 31 de outubro, ás 20.00 horas, o Castelo do Eirado, en San Xurxo de Sacos, será escenario do Rastrexo de Cabazas de Samaín, unha actividade que xa esgotou todas as prazas.
Entre participantes, organización e entidades colaboradoras, a cita mobilizará arredor de 300 persoas, confirmando a gran acollida desta proposta.
A actividade está pensada para grupos e familias e contará tamén con chocolatada e sorteo final.
Colaboran a Asociación Cultural de Mulleres do Rural As Aguaneiras de Almofrei, Club Escolas Deportivas de Cotobade, Hong Muay Thai Academy (HMTA), Club Deportivo Petote e Banda Unión Musical de Tenorio.