Línea Verde
Cabana de Bergantiños

Seguimos cos CONCERTOS NO PATRIMONIO 🎹✨ Este venres toca noutro lugar marabilloso: o Dolmen de Dombate. Se vos apetece...

Fecha de publicación: 26/10/2026

Seguimos cos CONCERTOS NO PATRIMONIO 🎹✨
Este venres toca noutro lugar marabilloso: o Dolmen de Dombate.
Se vos apetece vir, a entrada é de balde ata completar aforo. Polo que me contaron, xa hai moitas prazas reservadas e quedan moi pouquiñas, así que, se queredes acompañarme, non tardedes moito en reservar! 🤍
📍 Dolmen de Dombate
📅 Venres, 30 de outubro
🕗 20:00 h
🎟️ Inscrición previa ata este mércores, 28 de outubro, no 981 75 40 20
Graciñas a Patrimonio da Deputacion da Coruña por incluír este concerto dentro das Xornadas Europeas do Patrimonio, coa colaboración do Concello Cabana de Bergantiños
Vémonos este venres! 🥰
#pianotelling #dolmendedombate #cabanadebergantiños #patrimonio #galicia