Línea Verde
As Neves

O Concello das Neves, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, promove un curso de autodefensa verbal, emocional e...

Fecha de publicación: 26/10/2026

O Concello das Neves, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, promove un curso de autodefensa verbal, emocional e física, orientado a reforzar a autonomía, a confianza e a seguridade persoal das mulleres.
As sesións desenvolveranse na Casa da Xuventude das Neves, nas seguintes datas:
* 19 de novembro: de 17:00 a 19:00 h.
* 26 de novembro: de 17:00 a 20:00 h.
Inscricións: a través do código QR do cartel ou no teléfono 625 554 992.
Animamos as mulleres a participar neste espazo de aprendizaxe e adquisición de ferramentas para a súa seguridade e benestar.
#AsNeves