Línea Verde
Sanxenxo

🐟🥗 Obradoiro de ‘Batchcooking’ de Pesca Saúde. Queres comer de forma máis saudable, aforrar tempo na cociña e incorpor...

Fecha de publicación: 26/10/2026

🐟🥗 Obradoiro de ‘Batchcooking’ de Pesca Saúde. Queres comer de forma máis saudable, aforrar tempo na cociña e incorporar produto pesqueiro á túa dieta?
O GALP Ría de Pontevedra organiza un curso práctico no Pazo de Quintáns (Sanxenxo) onde aprenderás a organizar sesións de cociñado para toda a semana.
👨‍🍳👩‍⚕️ Aprende con Diego Calvete, do Restaurante O Buraco (Portonovo) e unha nutricionista do equipo de Arela Saúde.
🍲 Ensinarémosche receitas e técnicas sinxelas para cociñar produtos do mar sen perder sabor nin propiedades e trucos para optimizar o tempo na cociña e reducir o desperdicio alimentario.
🎁 As persoas participantes recibirán un receitario, unha guía de consellos e información nutricional, así como un mandil e unha bolsa exclusiva feita con redes e plásticos reciclados elaborada pola Asociación de Redeiras de Cariño en colaboración coa Aula Sostible do Freixo (Outes).
📍Data: Venres 30 de outubro de 17:00 a 21:00 h
📍Lugar: Pazo de Quintáns (Sanxenxo)
🎟️ Gratuíto (prazas limitadas).
👉 Reserva a túa praza canto antes en pescasaude.gal ou no 627 570 949