Línea Verde
Sanxenxo

🏃‍♀️🏃‍♂️ A MEDIA MARATÓN “ENTRE RÍAS” BUSCA CORREDORES PARA O 16 DE MAIO A Media Maratón Entre Rías regresará o doming...

Fecha de publicación: 14/10/2026

🏃‍♀️🏃‍♂️ A MEDIA MARATÓN “ENTRE RÍAS” BUSCA CORREDORES PARA O 16 DE MAIO
A Media Maratón Entre Rías regresará o domingo 16 de maio de 2027 co obxectivo de seguir medrando e consolidarse como unha cita destacada no calendario de carreiras.
📝 As inscricións abren mañá, coa previsión de superar o récord da pasada edición, na que participaron máis de 3.000 corredores.
Organizada polos concellos de Sanxenxo e O Grove, coa dirección técnica de Nokao, contará con:
🏃 Media maratón de 21 km
🏃‍♀️ Carreira de 10 km
👧🧒 Carreiras infantís gratuítas, o sábado 15 de maio, para nenos e nenas de 0 a 13 anos.
🌊 O percorrido, certificado pola Real Federación Española de Atletismo, atravesará lugares emblemáticos como a illa da Toxa e a praia da Lanzada.
🆕 Nesta cuarta edición ampliarase tamén a programación cunha Feira do Corredor (Runners’ Expo) o xoves e venres previos á proba.
🌍 Ademais, “Entre Rías” reforzará a súa promoción fóra de Galicia con accións nun destino nacional, Sevilla, e noutro destino internacional aínda por determinar.
📅 16 de maio de 2027. O Grove–Sanxenxo.
#Sanxenxo #EntreRías #MediaMaratón #Running #Deporte OGrove