Línea Verde
Mondariz

🥁 Xornadas de baile comunal «O Serán desta Aldea».

Fecha de publicación: 14/10/2026

💠 📅 O vindeiro 31 de outubro, Mondariz converterase nun punto de encontro arredor da música, do baile e da tradición oral cunha nova edición das xornadas de baile comunal «O Serán desta Aldea».

O acto central renderá homenaxe ás cantareiras e pandeireteiras da aldea de Riofrío, que contribuíron a conservar e transmitir unha parte esencial da nosa cultura popular.

Tras a homenaxe, celebrarase o tradicional serán, aberto a todas as persoas que queiran participar e compartir esta xornada arredor da nosa memoria colectiva.

📅 31 de outubro

🕗 20:00h

📍 Mondariz

Desde o Concello de Mondariz convidamos toda a veciñanza a acompañarnos nesta celebración do noso patrimonio musical e inmaterial. Agardámosvos! 🎶