As Neves
OBRADOIROS “EXERCITANDO A MEMORIA” O Concello das Neves pon en marcha, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, unh...
Fecha de publicación: 01/10/2026
OBRADOIROS “EXERCITANDO A MEMORIA”
O Concello das Neves pon en marcha, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, unha nova edición dos obradoiros “Exercitando a Memoria”, dirixidos a mulleres que desexen traballar e reforzar a súa memoria e as habilidades cognitivas.
A actividade é totalmente gratuíta e desenvolverase do 20 de outubro ao 15 de decembro en dous grupos:
📍 As Neves – Casa da Xuventude
Martes, de 16:30 a 18:00 h
📍 Setados – Antiga Escola
Martes, de 18:30 a 20:00 h
Inscricións abertas ata o 16 de outubro:
• Presencialmente nos Servizos Sociais das Neves
• Por chamada ou WhatsApp no 625 554 992
• Por correo electrónico en ensino@asneves.gal
Un espazo para manter a mente activa, estimular as capacidades cognitivas e compartir tempo e experiencias con outras participantes.
Anímate a participar!
#AsNeves #ExercitandoAMemoria #ServizosSociais #EnvellecementoActivo #DeputaciónDePontevedra