Línea Verde
As Neves

FESTAS DOS PEXEGOS – LIÑARES 2026 A parroquia de Liñares prepárase para celebrar as festas na honra da Virxe do Consuelo...

Fecha de publicación: 24/09/2026

FESTAS DOS PEXEGOS – LIÑARES 2026
A parroquia de Liñares prepárase para celebrar as festas na honra da Virxe do Consuelo e do Espírito Santo, cunha fin de semana chea de gastronomía, música, tradición e festa.
Sábado 3 de outubro
A partir das 20:00 h, gran churrascada na Praza de Liñares, organizada por Os Pexegos de Liñares, con churrasco e criollo.
Prezo xeral: 10 €
Socios: 8 €
A continuación, gran verbena a cargo dos tríos XTRA e NEVADA.
Domingo 4 de outubro
Ás 11:00 h, misa solemne con procesión.
Actuación do Grupo Atrancalevadas.
A partir das 11:00 h, contaremos co Pulpeiro do Carballiño (Ruzo).
Ademais, o recinto estará cuberto cunha gran carpa para poder desfrutar da celebración.
Unha edición moi especial na que tamén se estreará a nova Praza de Liñares.
Desde o Concello das Neves convidámosvos a achegarvos a Liñares e desfrutar destas festas.
#AsNeves #Liñares #FestasDosPexegos #Festas2026