Línea Verde
Silleda

ACTOS DE MEMORIA DEMOCRÁTICA SETEMBRO - OUTUBRO 2026.

Fecha de publicación: 10/09/2026

ACTOS DE MEMORIA DEMOCRÁTICA SETEMBRO - OUTUBRO 2026.
ACTOS DE MEMORIA DEMOCRÁTICA SETEMBRO - OUTUBRO 2026.

 Silleda lembra a súa memoria democrática
Nas vindeiras semanas desenvolveremos tres citas para recuperar e poñer en valor a memoria de tres silledenses vencellados á defensa das liberdades e da democracia.
 Este sábado 12 de setembro arranca a programación co Roteiro do Siñor Afranio, unha andaina teatralizada pola terra natal de Antón Alonso Ríos. As prazas para participar xa están cubertas.
 O 21 de setembro, coincidindo co aniversario do seu nacemento, renderemos homenaxe ao doutor José María Fernández Colmeiro, ás 12:00 horas no Centro de Saúde de Silleda.
 E o 2 de outubro, ás 20:00 horas na Casa da Xuventude, lembraremos a Teófilo del Valle, coa proxección do documental Las tres muertes de Teófilo del Valle, de Manuel de Juan.
Tres historias diferentes, de distintas xeracións, unidas pola defensa das liberdades.