Dodro
🍄 Imos polos cogomelos!! 📅 O vindeiro 4 de outubro imos polos cogomelos. Unha xornada para aprender e recoller un pr...
Fecha de publicación: 09/09/2026
🍄 Imos polos cogomelos!!
📅 O vindeiro 4 de outubro imos polos cogomelos. Unha xornada para aprender e recoller un produto dos produtos máis interesantes dos nosos montes.
De 9 a 10 da mañá teremos unha conferencia no pavillón municipal. Ao remate e ata as catro da tarde unha saída guiada para recoller cogomelos que rematará coa limpeza e o reparto dos mesmos. 🌳
Hai que levar roupa e calzado cómodo, cesto, navalla, pincel e comida para o xantar. 🪒 Hai que inscribirse antes do 30 de setembro, xa que as prazas son limitadas, no teléfono 981802472 ou na Casa da Cultura. ☎️
Os nosos montes un patrimonio que coidar. Coa colaboración da Deputación da Coruña.
Cultura da Deputación da Coruña