Línea Verde
Mondariz

🎭 Representación de “Costureiriña Bonita”.

Fecha de publicación: 03/09/2026

🧵 🎭 Este sábado, teatro para toda a familia:

O Auditorio de Mondariz acolle este 5 de setembro, ás 19:30 h, a representación de “Costureiriña Bonita”.

ℹ️ A peza rende homenaxe ás costureiras e modistas dos anos sesenta e á evolución deste oficio, a partir de testemuñas reais, coplas e cantos da tradición oral galega.

📅 Sábado 5 de setembro

🕢 19:30 h

📍 Auditorio de Mondariz

👨‍👩‍👧‍👦 Público familiar

Unha proposta para gozar do teatro e achegarnos á nosa tradición dende unha mirada creativa e chea de historias.