Mondariz-Balneario
Este vindeiro vernes día 4 de setembro, volvemos no Concello de Mondariz Balneario cunha nova actividade cultural
Fecha de publicación: 02/09/2026
Este vindeiro vernes día 4 de setembro, volvemos no Concello de Mondariz Balneario cunha nova actividade cultural. Nesta ocasión, festexamos a publicación pola Editorial Medulia da tradución ao galego do libro "CUENTOS NUEVOS DE MONDARIZ. Amor, humor, terror y otras historias", de María López-Herranz", que con grande éxito e excelente acollida presentou hai tres anos nesta Vila Termal. Acompañaremos a autora nesta nova oportunidade para conversar con ela sobre a súa inspiración para compoñer estos textos tan entretidos, inspirados, sorprendentes e entrañábeis, froito todos eles da súa curiosidade polas anécdotas da Vila, e principalmente, do seu profundo cariño a este lugar tan especial. Vémonos pois este venres na Sala de Cultura, ás 20.00h, para escoitar de novo na voz de María esas anécdotas que xa forman parte da súa vida, da súa maneira de enteder o mundo e que ven de novo a compartir connosco esta vez contadas na nosa lingua. A autora estará acompañada por Ana Porto, da Libraría Porto de Ponteareas, outra muller referente da Cultura na nosa contarna, coa que tamén será un pracer compartir un ratiño de boa literatura.
Lugar da presentación: Sala de Cultura da Casa do Concello
Hora: 20.00h
Agardámosvos!