Bueu
Acto de presentación da Sala do Bueu Romano
Fecha de publicación: 31/08/2026
Cartel acto presentación Sala Bueu Romano
Este xoves inauguramos a Sala do Bueu Romano de Pescadoira ás 20.00 horas.
Bueu xa conta coa súa sala dedicada aos restos romanos e, concretamente, ás ánforas que converten esta vila na única de toda a Península Ibérica con presenza dun forno destes materiais, que é unha peza clave para comprender como se fabricaban os recipientes que se empregaban para exportar as salgaduras por vía marítima.
A Sala do Bueu Romano de Pescadoira presentarase este xoves, 3 de setembro, nun acto público ao que se convida a toda a cidadanía a asistir. A xornada será ás 20.00 horas na mesma sala e nela incluirase unha charla a cargo de Juan Castro, arqueólogo responsable da escavación, e Iria Pazos, arquitecta autora do proxecto.
Precisamente, e co fin de dar a coñecer esta sala, dende o mes de xullo organizáronse visitas diarias guiadas que contaron con gran interese por parte da poboación local e visitante. Esta apertura provisional levouse a cabo durante este verán, pendentes de que se execute a segunda fase que permitirá a apertura total.