Línea Verde
Sanxenxo

📜 SANXENXO NA HISTORIA Hoxe, mércores 26 de agosto, comezan as XVI Xornadas Sanxenxo na Historia, que se celebrarán ata...

Fecha de publicación: 26/08/2026

📜 SANXENXO NA HISTORIA
Hoxe, mércores 26 de agosto, comezan as XVI Xornadas Sanxenxo na Historia, que se celebrarán ata o venres 28 no Auditorio Emilia Pardo Bazán.
Nesta edición, as xornadas poñen o foco na figura de Frei Juan de Navarrete, afondando na súa biografía, na súa predicación en Sanxenxo, na devoción popular e memoria arredor da súa figura e no actual proceso de canonización.
📅 HOXE | MÉRCORES 26
🕢 19:30 h | Acto inaugural
🕗 19:45 h | Conferencia inaugural a cargo de Luis Ángel Bermúdez Fernández: “Semblanza biográfica de Frei Juan de Navarrete”
🕣 20:30 h | Mesa redonda: “O contexto histórico da predicación de Frei Juan de Navarrete en Sanxenxo”, coa participación de Isidoro Sabell Salgués e Guillermo Rodiño Requejo.
🕘 21:00 h | Coloquio moderado por Ruth González Reyes.
As xornadas continuarán mañá xoves 27 e o venres 28, con novas mesas redondas, coloquios e un recital poético. O programa pecharase o venres coa entrega do XVI Premio Sanxenxo na Historia.
📍 Auditorio Emilia Pardo Bazán
📅 26, 27 e 28 de agosto
Unha nova oportunidade para coñecer, divulgar e poñer en valor a historia e o patrimonio de Sanxenxo.
#Sanxenxo #SanxenxoNaHistoria #FreiJuandeNavarrete #Historia #Cultura #AELOS