Línea Verde
Silleda

ANDAINA TEATRALIDAZA. 12 DE SETEMBRO.

Fecha de publicación: 26/08/2026

ANDAINA TEATRALIDAZA. 12 DE SETEMBRO.
ANDAINA TEATRALIDAZA. 12 DE SETEMBRO.

O vindeiro sábado 12 de setembro, Silleda acollerá un roteiro teatralizado pola terra natal de Antón Alonso Ríos, unha xornada para descubrir a súa historia, o seu pensamento e os lugares que marcaron a súa vida. 

 Un percorrido duns 8 km por espazos de gran valor histórico e patrimonial, desde o Alto de San Bieito do Candán ata Camporrapado, pasando por Freixeiro, Oleiros, a antiga Escola Rosalía de Castro de Laro, o Castro das Orelas e os petróglifos de Penalonga.

 Moncho Fernández Leal dará vida a Afranio do Amaral, a identidade que Antón Alonso Ríos adoptou durante a súa fuxida tras o golpe de Estado de 1936, nunha proposta baseada nun texto de Julián Castro Vicente.

 Saída en autobús ás 09:30 h desde a praza Siñor Afranio.

 Inscricións: [cultura@silleda.gal]
 Prazo ata o 9 de setembro
 Prazas limitadas
 Posibilidade de comida. Info: 986 580 000

Unha oportunidade para camiñar pola historia e coñecer a figura dun dos grandes referentes do galeguismo do século XX.