Línea Verde
Covelo

🥾🌿 DOMINGO 30 DE AGOSTO - ROTEIRO DO SENDEIRO DO VAL DO LOURO en Maceira - Covelo

Fecha de publicación: 24/08/2026

🥾🌿 DOMINGO 30 DE AGOSTO - ROTEIRO DO SENDEIRO DO VAL DO LOURO en Maceira - Covelo



Este domingo propoñémosvos poñer as botas e descubrir Covelo camiñando cun roteiro interpretado polo Sendeiro do Val do Louro PR-G 258. 🥾🌳



Unha actividade para desfrutar da natureza e coñecer o territorio da man de Julio Eiroa, guía de montaña, biólogo e fotógrafo, que nos acompañará durante o percorrido.



📅 Domingo 30 de agosto

🥾 Roteiro interpretado do Sendeiro do Val do Louro PR-G 258 Maceira - Covelo.



✨ Actividade de balde

⚠️ Prazas limitadas e inscrición previa



📞 Inscrición e información: Julio Eiroa telf. 654.500.652



🌿 Unha mañá para camiñar, descubrir e gozar da natureza de Covelo.



👉 Se che gusta a natureza e os roteiros interpretados, esta é a túa oportunidade!



Actividade organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra.