Mondariz-Balneario
O 23 de agosto, ás 11:30 h, agardámoste nos Xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario para vivir xuntos un encontro diferente:...
Fecha de publicación: 19/08/2026
O 23 de agosto, ás 11:30 h, agardámoste nos Xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario para vivir xuntos un encontro diferente: persoas lendo en silencio, cada unha mergullada na súa historia, pero compartindo o mesmo espazo e o mesmo amor polos libros. 🌿📖
E porque tamén hai historias que nacen cando pechamos os libros, ao rematar quedaremos para conversar ao redor dun café e biscoito. ☕🍪
Unha actividade aberta a todas as persoas que queiran achegarse, traer o seu libro e regalarse un anaquiño de calma.
💭 Cando o mundo ruxe fóra, ler é o noso acubillo.
📅 23 de agosto
🕦 11:30 h
📍 Xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario
📚 Trae o teu libro e as túas ganas de ler.
Organiza: Canda Nós
Colabora: Concello de Mondariz Balneario