Línea Verde
Sanxenxo

🛹🏀 Portonovo acolle este venres a Urban Feira, unha xornada dedicada á cultura urbana, ao deporte e á música O skatepa...

Fecha de publicación: 19/08/2026

🛹🏀 Portonovo acolle este venres a Urban Feira, unha xornada dedicada á cultura urbana, ao deporte e á música
O skatepark e o parque do Espiñeiro converteranse nos epicentros dunha programación pensada especialmente para a mocidade, con actividades gratuítas ao longo de todo o día.
A xornada arrancará ás 10:00 horas coa apertura de 15 postos de artesanía e continuará con obradoiros de skate, calistenia, parkour e escalada, organizados por idades e con monitorización permanente.
🏀 Pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas, o parque do Espiñeiro acollerá un campionato de Skills na cancha 3x3, con inscrición gratuíta e premios de 100 e 50 euros. Ademais, de 19:30 a 20:30 horas terá lugar un workshop a cargo do campión do mundo de calistenia.
🎶 A música acompañará tamén a Urban Feira coa foliada de A Xaiba, de 13:15 a 14:45 horas, e A Noite das Estrelas, de 21:30 a 23:45 horas, con DrewCrey, PKO3, hydn e Lottie.
Os concelleiros Xoán Pérez e Marcos Guisasola presentaron a cita xunto ao promotor, Clemente Pimenta.
📍 Portonovo
📅 Venres, 21 de agosto
📰 https://tinyurl.com/urbanfeira
#Sanxenxo #Portonovo #UrbanFeira #CulturaUrbana #Xuventude #Deporte