Sanxenxo
✨🎩 A maxia volve a Sanxenxo! Mañá, 20 de agosto, a Praza Fonte de Ramos acollerá a segunda edición da Gala de Ilusionis...
Fecha de publicación: 19/08/2026
✨🎩 A maxia volve a Sanxenxo!
Mañá, 20 de agosto, a Praza Fonte de Ramos acollerá a segunda edición da Gala de Ilusionismo Sanxenxo Maxia Fest, unha noite para deixarse sorprender e gozar da maxia en directo. 🪄✨
Sobre o escenario estarán Román García, Joshua Kenneth, Melanie e Pedro Volta, que ofrecerán un espectáculo cheo de ilusión, humor e momentos sorprendentes.
📅 20 de agosto
🕙 22:00 h
📍 Praza Fonte de Ramos
🌟 Unha cita para todos os públicos coa que seguir gozando das noites de verán en Sanxenxo.
#Sanxenxo #SanxenxoMaxiaFest #Maxia #Ilusionismo #VeránEnSanxenxo #CulturaSanxenxo