Línea Verde
Covelo

🏛️✨ PORTAS ABERTAS EN SAN MARTIÑO DE BARCIA DE MERA

Fecha de publicación: 17/08/2026

🏛️✨ PORTAS ABERTAS EN SAN MARTIÑO DE BARCIA DE MERA



Este domingo 23 de agosto temos unha nova oportunidade para descubrir, con máis detalle, un dos conxuntos patrimoniais máis singulares de Covelo.



Abrimos de novo as portas da Reitoral e da Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera para que veciños, veciñas e visitantes poidan coñecer os seus espazos exteriores e interiores, achegándose á historia e ao patrimonio deste impresionante conxunto eclesiástico.



🕔 17:00 h

⏱️ Duración aproximada: 2 horas

📍 San Martiño de Barcia de Mera



⚠️ Prazas limitadas

📞 Inscrición previa no 654 500 652



Unha visita para mirar con outros ollos o noso patrimonio e descubrir detalles que ás veces pasan desapercibidos. 💚



👉 Anímate a participar e coñece un pouco máis de preto o patrimonio de Covelo!



Actividade organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra.