Barro
🌞 XOVES AO CLAREO 2026 Un verán máis, volven os Xoves ao Clareo, o programa do Concello de Barro pensado para ofrecer...
Fecha de publicación: 17/08/2026
🌞 XOVES AO CLAREO 2026
Un verán máis, volven os Xoves ao Clareo, o programa do Concello de Barro pensado para ofrecer á nosa mocidade alternativas de lecer, encontro e diversión. 💛
📅 Este ano temos catro propostas para desfrutar:
🍦 20 de agosto | Obradoiro de elaboración de xeados
🕗 20.00 h
📍 Pazo da Crega
👕 27 de agosto | Personalización téxtil (estampado)
🕗 20.00 h
📍 Pazo da Crega
🌈🎧 3 de setembro | Festa Holi + DJ
🕘 21.00 h
📍 Pazo da Crega
💪 10 de setembro | Adestramento na rúa (calistenia)
🕗 20.00 h
📍 Pazo da Crega
📝 É necesaria preinscrición previa e as prazas son limitadas.
👉 Idade recomendada: *maiores de 12 anos*. As persoas menores de 12 anos tamén poderán preinscribirse e quedarán inicialmente en lista de agarda, podendo acceder ás actividades se quedan prazas libres.
📲 PREINSCRICIÓNS E INFORMACIÓN https://barro.gal/2026/08/14/xoves-ao-clareo-2026/
✨ Lecer + amizades + experiencias
Agardámosvos nos Xoves ao Clareo 2026!