Línea Verde
Covelo

🥔🧆🍰 XV Concursos Gastronómicos das Festas Patronais de Covelo 2026

Fecha de publicación: 27/07/2026

🥔🧆🍰 XV Concursos Gastronómicos das Festas Patronais de Covelo 2026



O Concello de Covelo organiza unha nova edición dos tradicionais Concursos de Tortillas, Croquetas e Postres, unha cita gastronómica aberta a todas as persoas que queiran demostrar o seu talento na cociña.



📅 Data: Sábado, 8 de agosto de 2026

🕗 Hora: 20:00 h

📍 Lugar: Praza Mestre Cerviño (Covelo)

Para consultar as bases da páxina web do concello de Covelo aquí: https://concellodecovelo.es/?sec=7&id_noticia=2060



Concursos



🥔 Concurso de Tortillas

Tortilla elaborada con pataca, ovo, aceite, sal e, opcionalmente, cebola.



🧆 Concurso de Croquetas

Mínimo 12 croquetas por receita.

Receita libre, indicando os ingredientes empregados.



🍰 Concurso de Postres

Receita libre.



Inscricións

As inscricións permanecerán abertas ata as 20:00 h do propio día do concurso, coincidindo coa presentación das elaboracións na Praza Mestre Cerviño.



Premios



🏆 Tortillas



1º premio: Cheque agasallo de 100 € e diploma.



🏆 Croquetas



Premio ao sabor: 75 € e diploma.

Premio á orixinalidade: 75 € e diploma.



🏆 Postres



Premio ao sabor: 100 € e diploma.

Premio á presentación máis orixinal: 100 € e diploma.



Ao rematar a valoración do xurado, todas as elaboracións serán degustadas polas persoas asistentes ao concurso.



👩‍🍳 Anímate a participar e comparte o teu mellor prato nunha das citas máis saborosas das Festas Patronais de Covelo 2026!