Línea Verde
Covelo

❤️ Este verán, doa sangue

Fecha de publicación: 27/07/2026

❤️ Este verán, doa sangue. Doa vida.



A túa doazón pode marcar a diferenza. O xoves 6 de agosto, a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará en Covelo, ao carón do Concello, para facilitar que poidas facer este xesto solidario.



📅 Xoves, 6 de agosto

🕓 De 16:00 a 21:00 h

📍 Unidade móbil ao carón do Concello de Covelo



👉 Lembra:



Almorza con normalidade e, se comes antes de doar, agarda polo menos 2 horas.

Leva contigo o DNI ou a tarxeta de doazón.

Informa ao persoal sanitario se estás a tomar algún medicamento.

Evita facer unha comida copiosa antes da doazón.



Cada doazón é un alento de vida. Agardámoste! ❤️🩸