Barro
📢 O vindeiro mes de agosto, a sala de exposicións do Palacete das Mendoza en Pontevedra acollerá a mostra «Os debuxos d...
Fecha de publicación: 27/07/2026
📢 O vindeiro mes de agosto, a sala de exposicións do Palacete das Mendoza en Pontevedra acollerá a mostra «Os debuxos do escritor», do autor e artista de Barro, Rudesindo Lago Taboada
A exposición ofrece unha ollada singular ao universo creativo de Lago, quen combina a súa traxectoria como escritor coa creación de debuxos instintivos e coloridos como unha forma de complemento e reflexión á súa obra literaria.
📅 Datas: Do 7 ao 23 de agosto
📍 Lugar: Palacete das Mendoza — Praza de Santa María, Pontevedra
⏰ Horario: De luns a venres: de 9:00 a 21:00 h (Sábados, domingos e festivos: de 10:00 a 14:30 h e de 16:30 a 20:00 h)
Entrada libre.