Línea Verde
Barro

🎶✨ O mellor escenario do mundo volve encherse de música Este 25 de xullo, ás 20:30 h, temos unha cita moi especial ao...

Fecha de publicación: 21/07/2026

🎶✨ O mellor escenario do mundo volve encherse de música
Este 25 de xullo, ás 20:30 h, temos unha cita moi especial ao pé das fervenzas de Barosa, no que para nós é, sen dúbida, o mellor escenario do mundo.
Xosé Lois Romero & Aliboria traerán a súa enerxía, a súa forza e os sons máis ancestrais da nosa música a un espazo único, onde a natureza e a cultura se dan a man para crear unha experiencia inesquecible.
Hai concertos especiais... e despois están os que acontecen no mellor escenario do mundo.