Línea Verde
Mondariz-Balneario

O poema “Galicia”, de Manuel María, que cantaron “Fuxan os Ventos”, di:

Fecha de publicación: 19/07/2026

O poema “Galicia”, de Manuel María, que cantaron “Fuxan os Ventos”, di:

Galicia é unha nai,

velliña, soñadora

Galicia é o que vemos:

a terra, o mar, o vento

Galicia somos nos:

a xente e maila fala

Se buscas a Galicia

en ti tes que atopala!

Este sentir de Galiza como nación vense festexando dende que en 1919 as Irmandades da Fala elixiron como data o 25 de xullo, Dia do Apostol Santiago.

O Concello de Mondariz Balneario, dende o seu fondo convencimento do carácter nacional de Galiza, lembrará este vindeiro venres 24, ás 20h, na Sala de Cultura, a aquela intelectualidade que fai 90 anos uniuse para defender a nosa lingua, a nosa cultura e o noso territorio. Convidamosvos a acompañarnos neste acto institucional no que reafirmarnos no orgullo de sermos galegas e galegos.