Línea Verde
Sanxenxo

Viaxe ao Sanxenxo de 1900 📸🕰️ Sanxenxo viaxa ao pasado cunha exposición fotográfica ao aire libre. A exposición "Viaxe...

Fecha de publicación: 19/07/2026

Viaxe ao Sanxenxo de 1900
📸🕰️ Sanxenxo viaxa ao pasado cunha exposición fotográfica ao aire libre.
A exposición "Viaxe ao Sanxenxo de 1900", organizada pola parroquia de San Xinés de Padriñán en colaboración co Concello, permite descubrir a evolución do municipio a través de imaxes históricas distribuídas en nove tótems situados no Paseo de Silgar, a Praza de Fonte de Ramos, o Parque da Panadeira e o Novo Templo.
A iniciativa complétase con roteiros históricos gratuítos guiados por José Manuel Abel, Marcelino Agís e Isidoro Sabell, que se celebrarán os días 20 e 27 de xullo e 5 e 10 de agosto, ás 11:00 horas, con saída desde o Paseo de Silgar.
Unha oportunidade única para coñecer como era Sanxenxo hai máis dun século e descubrir a súa transformación ao longo do tempo.
#Sanxenxo #ViaxeAoSanxenxoDe1900 #Historia #Patrimonio #Cultura